CulturaCulturaÚltima hora

A curta de Rodrigo Marini rodada no Barco segue sumando premios

Rodrigo Marini na presentación de ‘Dopamina Zero’ no Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Dopamina Zero, a curta sobre o Párkinson que o equipo de Rodrigo Marini rodaba integramente no Barco de Valdeorras segue sumando premios a pares.

Os últimos, nesta fin de semana. Un Premio á Mellor Curta Nacional en Fancine de Lemos (Monforte); e un Premio do Xurado en Corto e Cultura Film Festival, en Manfredonia (Italia), pola sensibilización sobre a enfermidade. “Por abordar con sensibilidade, respecto e honestidade o impacto da enfermidade de Párkinson, ofrecendo unha historia que fomenta a empatía, a conciencia social e a dignidade de quenes convien con esta realidade”, en palabras de Anna Rita Caracciolo, presidenta da Associazione Angeli.

Back to top button