EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Monterrei promociona os seus viños en San Sebastián ante máis de 80 profesionais

 

A última iniciativa promocional da Denominación de Orixe Monterrei, celebrada en San Sebastián, congregaba a máis oitenta profesionais do sector da distribución e canle Horeca. Esta acción, realizada no marco do showroom “Vidivinos”, tiña como finalidade “dar a coñecer os viños que se elaboran nesta denominación, afianzar a imaxe de marca e impulsar a comercialización directa, entre outras cuestións”, segundo se indica dende o seu consello regulador.

Neste evento participaron representantes de restaurantes como Dendategui Hermanos, Chapoo, Arzak, Akelarre, Portu Taberna, Calderón, Zazpi San Telmo, Oteiza, García Edén; ou distribuidores como Bebidas Ugalde, Exclusivas Mardu, Lukas Gourmet, Mikel Santos Sanchez e outro C. B, Solbes Gourmet, Anabi 2005, Ulzama, Amolasagasti, Errasti, Doowine, Garcia Edari Baketat, entre outros. Moitos deles achegáronse ata o espazo da D.O. Monterrei, do mesmo xeito que o fixeron integrantes de asociacións de catadores, tendas especializadas, sociedades gastronómicas ou mesmo Jon Andoni Rementería (campión de España de Catadores en 2018).

Neste espazo, ademais de degustar os brancos e tintos elaborados na denominación, os asistentes puideron coñecer as peculiaridades deste territorio vitivinícola, por exemplo, características de chan e clima, tipoloxías de viño ou tradición vitivinícola.

É a segunda ocasión, ao longo deste ano, que a denominación de orixe Monterrei forma parte do showroom “Vidivinos”, no que estiveron presentes os viños de 21 adegas: Ladairo, Pazos del Rey, Pazo das Tapias, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Abeledos, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) e Manuel Vázquez Losada.

“A participación no showroom ‘Vidivinos’ de San Sebastián finalizou cun éxito de asistentes ao espazo da D.O. Monterrei”, indica a presidenta do C. R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva. “Non é a primeira ocasión que Monterrei realiza unha acción promocional nesta cidade, e seguiremos téndoa na nosa lista de indispensables, xa que sempre nos atopamos cun alto nivel participativo de profesionais da hostalería, e representa un mercado crave para os nosos viños”.

Artigos relacionados

Back to top button