EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Ribeira Sacra acollerá a asemblea dos consellos reguladores españois o 25 de outubro

Será a segunda ocasión na que esta zona vitivinícola, situada entre as provincias de Ourense e Lugo, acolla este encontro, tras o celebrado no 2010

Paisaxe de viñedos na Ribeira Sacra./ Foto: CRDO Ribeira Sacra.

 

Do 24 ao 26 de outubro celebrarase a Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV) celebra do 24 ao 26 de outubro que, nesta ocasión, terá como escenario a Ribeira Sacra. A CECRV resposta así á invitación do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, que quere aproveitar esta celebración para buscar apoios á candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.

“Durante 3 días contarase na Ribeira Sacra con representación do 98% da produción nacional de viño con Denominación de Orixe. A CECRV aproveitará a súa Asemblea para elexir nova directiva e sería importante que mostraran o seu apoio explítico á Candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade”, asegura o Presidente do CRDO da Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez.

En concreto, a asemblea da CECRV terá lugar na casa da cultura Lois Pereiro de Monforte o 25 de outubro entre as 10.00 h. e as 13.30 h. Nesta xornada os acompañantes dos participantes na Asemblea contarán con visitas a guiadas ao Colexio Nosa Señora da Antiga e ao Pazo de Tor.

A D.O. Ribeira Sacra xa foi anfitrioa dunha Asemblea da CECRV no 2010, coincidindo co Ano Santo. Nesta ocasión os participantes, que chegarán na tarde do 24 de outubro, terán a posibilidade de viaxar en catamarán, facer unha andaina no Camiño de Inverno en Belesar, comer en adegas ou cear no Parador de Santo Estevo.

“Trátase de mostrar o que somos no pouco tempo que temos para seguir recabando apoios á candidatura de Patrimonio da Humanidade. É unha satisfacción que aceptaran a nosa invitación para coñecer o noso territorio”, José Manuel Rodríguez.

 

Artigos relacionados

Back to top button