Arrinca unha nova tempada de enduro nun escenario de lenda. Na vindeira fin de semana, 15 e 16 de marzo, e da man do MotoClub A Peroxa, o Campionato de España desta modalidade dá o pistoletazo de saída en Ferreira de Pantón (Lugo).
Situada en plena Ribeira Sacra, esta zona é un auténtico desafío para os pilotos con “terreos esculpidos polos ríos Miño, Sil e Cabe, carreiros rodeados de viñedos e un rico patrimonio histórico que engade un toque único á competición”, indican dende a organización destacando un “percorrido esixente, paisaxes espectaculares e pura adrenalina” con ata tres especiais.
É pois o mellor comezo para un campionato que promete acción e emoción por milleiros do que tomarán parte máis de 140 pilotos nas categorías de Enduro 1, Enduro 2, Enduro 3, Júnior Open, Júnior 125cc 2T, Trofeo Nacional Júnior, Sénior B 2T, Sénior B 4T, Sénior C 2T, Sénior C 4T, Máster 45, Feminino, Máster 55, Máster 50 e Máster 60.
O sábado a carreira comezará ás 10 horas e o domingo faráo ás 9 horas.