EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Ribeira Sacra pecha con 6.659.286 quilos, a terceira vendima máis produtiva da súa historia

 

Despois de 51 días de vendima oficial, a D.O. Ribeira Sacra alcanza os 6.659.286 quilos, segundo vén de facer público o Consello Regulador. “O ano pasado o final da vendima foi nas mesmas datas, con 6.092.707 quilos vendimados”, indican, lembrando que este ano os controis de maduración levaron ao pleno do C.R.D.O.R.S. a fixar como data recomendada para o inicio oficial da vendima, o 14 de setembro, aínda que algunhas adegas en determinadas zonas comezaron con vendimas puntuais o 22 de agosto.

“Nesta vendima 2023 contábase con 1.971 viticultores rexistrados, 1.307 hectáreas e 89 adegas”, explican, asegurando que esta campaña “convértese así na terceira máis abundante da historia da D.O. Ribeira Sacra, despois da vendima 2019, previa á pandemia con 7.262.831 quilos e o 2011 que case chega aos 7 millóns de quilos”.

O presidente do C.R.D.O.R.S., Antonio Lombardía, valora así a campaña: “Sabiamos que había moitas uvas nas viñas. A climatoloxía foi moi boa para a recollida do branco e máis complicada para recoller o tinto, e aínda así temos unha colleita de gran calidade e importante cantidade”.

Artigos relacionados

Back to top button