EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Ribeira Sacra promociónase en Salimat, do 8 ao 11 de xuño

Unha das catas./ Foto: Salimat.

 

O Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, forma parte da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia que se celebra en Silleda. Trátase dunha cita na que múltiples organizacións sectoriais, entidades de promoción, pequenos produtores, artesáns, industria e gran distribución uniranse para colaborar e facer negocio, impulsar o seu crecemento e resultados, reforzar o seu posicionamento e aumentar a súa visibilidade.

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra participa en Experiencias de Calidade coa AGACAL, tendo como principal actividade a Cata de Viños da D.O. Ribeira Sacra, que tiña este xoves, día 8 de 17.30 a 18.30h., no marco de “Experiencias de Calidade”. O resto de propostas con presenza da D.O. Ribeira Sacra son:

• Xoves, 8 de xuño de 14:00 a 15:00h. Masterclass IGP Tenreira Galega e IGP Vaca Galega/Boi Galego con IGP Pan de Cea e IGP Torta de Santiago e D.O. Ribeira Sacra, co Chef, José Manuel Mallón – Espazo Remollo (Ames, A Coruña)

• Sábado, 10 de xuño de 13:30 a 14:30h. “Experiencias de Calidade” / Cata de viños galegos premiados nas Catas de Galicia 2022: DO Rías Baixas, DO Monterrei, DO Ribeira Sacra, DO Ribeiro, DO Valdeorras. Presenta: Catador Nacho Costoya

• Domingo, 11 de xuño, de 11:30 a 12:30 h. “Experiencias de Calidade” / Cata-degustación IXP Pataca de Galicia e D.O. Ribeira Sacra. Chef: Criselda Iglesias – Tapería Lecer (Cangas de Morrazo, Pontevedra)

Artigos relacionados

Back to top button