
Os viños da Ribeira Sacra estarán presentes na vindeira edición de ProWein, unha feira internacional que terá lugar en Düseldorf (Alemaña) do 17 ao 19 de marzo. Esta é a primeira cita internacional da D.O. Ribeira Sacra neste ano. Nela tamén estarán algunhas das súas adegas a nivel particular.
Nesta feira de Düsseldorf estarán representados 141 países. “Trátase dunha cita ineludible para os profesionais do viño e é unha oportunidade excelente para promocionar e dar coñecer os viños de Ribeira Sacra no mercado internacional, onde cada vez son máis demandados e valorados”, explican dende o seu consello regulador.
A D.O. Ribeira Sacra organizará un Túnel do Viño no que 19 adegas da Denominación de Orixe participan achegando máis 44 referencias de diferentes tipos de viños tintos e brancos, de diferentes anadas, para que o público profesional asistente poida degustar a singularidade dos viños desta zona vitivinícola.
Entre o material promocional, a D.O. levará figuran novos exemplares do mapa da Denominación, documento imprescindible para poder percorrela a fondo. Acábanse de editar 10.000 novas unidades.
A D.O. Ribeira Sacra pon rumbo a Prowein logo de participar durante esta semana no Forum Gastronómico que se celebrou na Coruña entre o 10 e o 12 de marzo. Despois da cita de Düsseldorf, as seguintes actividades de promoción internacional da Denominación de Orixe Ribeira Sacra levarana á London Wine e a Vinexpo en Burdeos.