EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Ribeiro aposta por conquistar o mercado irlandés

Vén de organizar un showroom na sala Trinity do céntrico hotel Riu Plaza The Gresham Dublin da capital irlandesa

 

O Consello Regulador da Denominació de Orixe Ribeiro, xunto cunha delegación das súas adegas, regresa de presentar o seus viños ao público profesional e prensa especializada de Dublín (Irlanda), nun showroom propio celebrado o pasado martes, 17 de outubro, na sala Trinity do céntrico hotel Riu Plaza The Gresham Dublin.

“Un encontro onde os viños e os seus creadores foron os protagonistas, e onde o éxito radicou na diferenciación e na autenticidade dos viños que hoxe en día se elaboran nesta Denominación de Orixe. Alanís, Campante, Casal de Armán, Cunqueiro, Cuñas Davia, Eduardo Peña, Finca Viñoa, Pablo Vidal, Pateiro, Pazo do Mar, Val de Souto e Viña Costeira son as adegas que lograron cos seus viños que Dublín se convertera por una xornada na capital do viño Ribeiro”, destacan dende o consello regulador.

O evento iniciouse pola mañá cunha clase maxistral guiada por John Wilson, recoñecido crítico de viños do diario The Irish Times, na que los asistentes puideron descubrir a Denominación de Orixe máis antiga de Galicia a través dos seus viños brancos en diferentes estilos e elaboracións. O poñente conduciunos por unha cata de tres viños monovarietais, de Treixadura, Godello e Loureira; seguida de outros catro elaborados con coupage de variedades autóctonas da zona, finalizando a cata con tres elaboracións especiais que incluíron viños de colleitas anteriores con paso por barrica; fudre e con crianza sobre as súas lías finas.

A singularidade do solo, a fidelidade a unha paisaxe, a tradición por manter aquelas prácticas dos antepasados engadindo a innovación e la paixón persoal, son as características que unen ás adegas que participaron neste showroom, coordinado pola Unión Española de Catadores en terras irlandesas.
Dende a organización do evento, Juan M. Casares Gándara, presidente do C.R.D.O. Ribeiro, asegura que “con esta potente iniciativa ofrecemos a adegas pequenas, medianas e grandes acceso a un novo mercado e que así poidan reforzar os seus canles de venda a nivel internacional” e explica que “puidemos celebrar esta minifeira en Dublín grazas ao apoio da Deputación de Ourense, representada nesta cita polo seu vicepresidente e alcalde de Ribadavia, César Fernández Gil”.

Artigos relacionados

Back to top button