En portadaÚltima hora

A D.O. Valdeorras logra a acreditación da ENAC

O anuncio facíao o seu presidente, José Luis García Pando, durante a presentación da XXI Feira do Viño de Valdeorras
O vicepresidente e o presidente do CRDO Valdeorras, na sede deste organismo./ Foto: Carlos G. Hervella.

Era o principal obxectivo co que asumía a presidencia do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras no verán do 2017 e agora vén de facerse realidade. José Luis García Pando anunciaba con satisfacción na mañá do 10 de xullo que o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras vén de recibir a acreditación da Entidade Nacional de Acreditación (ENAC). “O consello regulador entra no club de denominacións de orixe acreditadas por este organismo en Galicia, que son case todas”, dicía o presidente da D.O. Valdeorras, tras a presentación da XXI Feira do Viño desta denominación.

García Pando destacaba que este recoñecemento é froito do traballo “de todo o sector”  e con el culmina un proceso iniciado no 2012 e que, tras un parón, volvía a reactivarse o pasado ano, “cando o pleno volveu a retomar este tema”. Aínda así, García Pando matizaba que o labor neste senso debe continuar xa que unha vez conseguida a acreditación, vanse manter tamén os controis e as auditorías para manter ese selo.

Artigos relacionados

Back to top button