EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

“Valdeorras, berce mundial do Godello” promocionará os viños da comarca no Círculo de Artes de Lugo

Viños de Valdeorras.

 

A cidade da Muralla converterase o vindeiro 16 de abril na seguinte parada promocional dos viños valdeorreses, que desembarcan no Círculo de Artes de Lugo para darse a coñecer entre diferentes tipos de público, principalmente de carácter profesional. Farano no marco dun evento denominado “Valdeorras, berce mundial do godello”, que promove o Club de Cata Vitislucus en colaboración co Consello Regulador e co Club de Viños do propio espazo no que se desenvolverá a iniciativa, o Salón Rexio do Círculo.

O evento incluirá un túnel do viño no que os asistentes poderán degustar referencias de diferentes adegas da comarca, que se celebrará a mediodía. A asistencia ao acto será gratuíta para os socios do Círculo de Artes, mentres que aqueles que non sexan socios poderán acceder cunha entrada de 6 euros. Nesta mesma xornada, ademais, haberá unha cata maxistral a cargo do director técnico da D.O. Valdeorras, Jorge Mazaira, cun aforo limitado a 25 prazas (para o que se seguirá, de xeito rigoroso, a orde de inscrición). A presidenta de Vitislucus Mercedes González, impulsora da iniciativa, sinala que no marco do evento desenvolverase unha comida-maridaxe, á que se poderá asistir con reserva previa (35 euros por comensal).

O presidente do Consello Regulador, José Ramón Rodríguez Castellanos, afirma, pola súa banda, que “o territorio amparado valdeorrés non esquece a promoción dentro de Galicia, tal e como se manifesta en eventos como o que se porá en marcha en Lugo a mediados de abril”. Neste sentido, tanto el como Mercedes González destacan que o evento non está só pensado para os veciños de Lugo, senón para diferentes públicos profesionais que se queiran achegar ese día ata o Círculo de Artes desta urbe “co obxectivo de degustar e coñecer, máis de preto, os valores diferenciais dos viños de Valdeorras”.

Todas as persoas interesadas en inscribirse ao evento poden facelo a través dos enderezos electrónicos mercedes.embajadora@gmail.com ou circulodelasartes@yahoo.es, ou ben chamando aos teléfonos 689 292 675 / 982 225 051.

Artigos relacionados

Back to top button