En portadaÚltima hora

Xabier Fortes será o pregoeiro da XXV edición da Feira do Viño de Valdeorras

O xornalista natural de Pontevedra, Xabier Fortes.

 

O xornalista e presentador natural Xabier Fortes será o pregoeiro da XXV edición da Feira do Viño de Valdeorras, nun acto que se desenvolverá na Praza de Viloira durante a mañá do sábado 1 de xuño. Así o veñen de anunciar dende o Consello Regulador avanzando que a lectura do seu pregón terá lugar inmediatamente antes da inauguración oficial do foro no que, previsiblemente e como é habitual, participarán representantes institucionais de diferentes administracións.

Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Navarra, Fortes leva moitos anos vinculado profesionalmente a TVE, se ben antes desenvolveu a súa carreira en Radio Nacional de España. Na actualidade, é un dos rostros máis relevantes dos espazos informativos da televisión pública.

“Estamos expectantes por escoitar o pregón de quen, sen dúbida, é un dos xornalistas galegos máis recoñecidos en todo o país”, sinala o presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Ramón Rodríguez Castellanos, ao respecto da elección de Fortes como pregoeiro.

 

Artigos relacionados

Back to top button