A XXV Cata dos Viños de Valdeorras xa ten ganadores. A valoración do panel de cata que na mañá do venres 28 de xuño puntuaba as 53 referencias (30 de brancos e 23 de tintos) de 21 adegas que se presentaban a este certame nesta edición dábase a coñecer nun acto celebrado na tarde deste sábado 29 de xuño no Complexo Hostelero Paladium, situado en Vilamartín de Valdeorras.
Os premiados eran os seguintes
Viños brancos
1º Premio- O Luar do Sil Godello Lías 2023 de O Luar do Sil.
2º Premio- Quinta da Peza Godello 2023 de Adega Quinta da Peza, S.L.
3º Premio- Ruchel Godello 2023 de Bodega Ruchel, S.L.
Viños tintos
1º Premio- Sampayolo Mencía 2023 de Bodega Sampayolo, S.L.
2º Premio- Quinta da Peza Mencía 2023 de Adega Quinta da Peza, S.L.
3º Premio- Roandi Mencía 2023 de Bodega Roandi, S.L.
Nesta ocasión, o Consello Regulador decidiu conceder un total de catro mencións especiais a viños doutras anadas, unha na categoría de brancos, e as tres restantes, na categoría de tintos.
Así a Mención especial viños doutras anadas brancos correspondíalle a O Luar do Sil Vides de Córgomo Godello 2022 de O Luar do Sil.
No caso dos tintos os premios eran
1ª Mención especial viños doutras anadas tintos: Alan de Val Escada Lembranzas 2020 de Adega Alán S.A.T.
2ª Mención especial viños doutras anadas tintos: Lagar do Cigur Barrica 2018 de Adega Melillas e Fillos, S.L.
3ª Mención especial viños doutras anadas tintos: A Cotarona 2020 de Adega da Pinguela, S.L.
No acto de entrega de premios interviña o presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Ramón Rodríguez Castellanos, quen destacaba que “eventos como o de hoxe, contribúen a seguir apoiando ao sector vitivinícola, un dos motores máis importantes da provincia”, á vez que “axudan a que adegueiros e viticultores nos xuntemos nun ambiente agradable e poidamos falar do mundo que máis nos apaixona, o do viño”.
Tamén puxo o acento Rodríguez Castellanos, na “loita por sacar adiante cada colleita, fruto da labor continuada dun sector cuxa máxima é sempre a búsqueda da calidade nas súas marcas”.
O acto contaba coa presenza, entre outras autoridades, do director xeral de Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria (Agacal), Martín Alemparte, e do subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, ademais do delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; da deputada provincial delegada especial para Valdeorras, María Carmen González; así como alcaldes e concelleiros valdeorreses.
Tras a entrega de premios tiña lugar unha degustación de viños e petiscos e no decurso do acto actuaban diferentes músicos de AMAVA.
Fotos: A.R.
Ampliarase galería fotográfica.