Un total de 640 viños e destilados de todas as denominacións de orixe de Galicia participaban na 20ª edición das Distincións Gallaecia 2019. Os diferentes paneis de cata, formados por máis de 80 catadores, iniciaban neste verán un percorrido polos diferentes consellos reguladores vitivinícolas da comunidade para facer unha preselección de viños que pasaban á cata final, que tiña lugar o 2 de setembro no Hotel Bela Fisterra (A Coruña).
O resultado desa cata facíase público o 3 de setembro no restaurante Casa Aurelio de Santa Comba (A Coruña) e traducíase nun total de 73 Distincións Gallaecia (52 en brancos e 21 en tintos): 21 para a D.O. Ribeiro (17 en brancos e 4 en tintos), 18 para a D.O. Rías Baixas (todas en brancos), 15 para a D.O. Valdeorras (9 en brancos e 6 en tintos), 10 para Ribeira Sacra (2 en brancos e 8 en tintos) e 9 para Monterrei (6 en brancos e 3 en tintos).
O panel da cata final fórmase cada ano cos asociados de Gallaecia que teñen participado no maior número de catas previas e con técnicos dos consellos reguladores das denominacións de orixe galegas. Nesta edición do 2019 ese panel estaba integrado por: Aurelio Vázquez (presidente de Gallaecia – Sumiller rest. Casa Aurelio), Luis Paadín (secretario de Catas – autor de la Guía de Vinos de Galicia), Alejandro Paadín (vicepresidente de Gallaecia – xerente Paadín Eventos), Pedro Sestayo (tesoureiro de Gallaecia – formador de hostelería), Manuel Corralero (sumiller do Hotel Plaza ****), Natalia Cid (sumiller), Rebeca André (membro do panel de cualificación da D.O. Monterrei), José Dopazo (membro do panel de cualificación da D.O. Rías Baixas), Erika Laíño (Promoción & Comunicación D.O Ribeiro), Pablo Vidal (membro do panel de cualificación da D.O. Valdeorras) e Ana Belén López (técnica do C.R. D.O. Ribeira Sacra).
Coincidindo coa presentación das referencias ganadoras tamén se daba a coñecer o viño que elaborou a Asociación de Sumilleres con motivo do seu 20º aniversario e homenaxe a Eduardo Pardo, presidente de honra desta entidade.
Sumilleres Gallaecia, integrada por máis dun cento de sumilleres das catro provincias galegas, é unha asociación “sen ánimo de lucro, sen axudas, nin patrocinios, nin subvencións. Grazas a esta independencia que mantén, vén demostrando ano tras ano unha gran solvencia no sector, proba diso é a elevada participación de mostras ás Distincións Gallaecia, seguramente o concurso rexional con maior número de participantes”, tal e como indican dende esta entidade.
DISTINCIÓNS GALLAECIA 2019
Viños Tintos
DISTINCIÓNS GALLAECIA 2019
Viños Brancos