DeportesÚltima hora

A delegación do Barco entre as 27 que participan nos Xogos do Eixo Atlántico que se inauguraban hoxe en Portugal

 

O secretario de Estado de Deportes de Portugal, Pedro Dias, o presidente do Eixo Atlántico, Luis Nobre, o vicepresidente do Eixo Atlántico, Alfredo García, o alcalde de V.N. de Famalicão, Mario Passos, e o alcalde de Braga, Ricardo Rio, xunto con representantes de todas as cidades participantes, ademais do presidente do Grupo Temático de Deporte, José Guilherme Aguiar, e o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, recibiron aos 2.400 participantes nos xardíns de Paços do Concelho de Vila Nova de Famalicão.

Na tarde deste domingo 30 de xuño inaugurábase así a XV edición dos Xogos do Eixo Atlántico que se realizarán durante esta semana até o 5 de xullo. Durante o acto desfilaron as 27 delegacións que participan este ano e que reunirán 2.400 participantes, o número máis alto en toda a historia dos Xogos. Percorreron as rúas de Famalicão desde o Centro Civico, próximo aos Paços do Concelho, até à Praç a D. Maria II.

 

 

As modalidades deportivas nas que se competirán son balonmán feminino e masculino, voleibol feminino, baloncesto masculino e feminino, natación e natación adaptada, atletismo e atletismo adaptado. Como novidade desta edición, ao Fútbol 7 masculino súmase Fútbol 7 feminino.

Deporte adaptado

Como vén sendo habitual nos Xogos do Eixo Atlántico, esta edición tamén integra modalidades de deporte adaptado, coa participación de case 150 persoas, en liña coa filosofía do Eixo Atlántico de eliminar barreiras e fomentar a participación deportiva de toda a cidadanía.

 

 

Homenaxes

Nesta XV edición, o deportista homenaxeado é Luís Silva, medalla de ouro no Campionato de Europa de Boccia en 2013. O atleta paralímpico é o primeiro famalicense en conquistar unha medalla olímpica xa que conseguiu a prata na modalidade Pares BC3 nos Xogos Paralímpicos de Londres, en 2012. Tamén se homenaxeou a Quino Quintas, unha persoa moi implicada na organización de todas as edicións dos Xogos do Eixo Atlántico e que deixou a súa marca nos mesmos.

Inauguración Rúa Eixo Atlántico

Durante esta xornada, previamente ao desfile dos Xogos, inaugurouse a Rúa Eixo Atlántico en V.N. de Famalicão, na zona da Ribeira. Este novo espazo público ,séptimo co nome do Eixo Atlántico, súmase ó de Bragança, Matosinhos, Braga, Vila Nova de Gaia e Viana do Castelo para alén da praza que se inaugurou o 20 de xuño en Lugo e que é a primeira en Galicia.

 

Artigos relacionados

Back to top button