EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

A delegada provincial da Xunta visita a adega Luar do Sil en Seadur (Larouco)

A súa produción de viño godello, amparada pola Denominación de Orixe Valdeorras, cifrouse en 2016/17 en 107.770 botellas

A orde galega de axudas para a transformación e comercialización de produtos agrarios subvencionaba no 2017 un total de 32 proxectos na provincia de Ourense por un valor de 2,8 millóns de euros e que supuxeron un investimento inducido de preto de 8 millóns de euros.

Unha das industrias beneficiadas por estas axudas era a adega O Luar do Sil, situada en Seadur (Larouco). A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitaba na mañá do 26 de abril as súas instalacións acompañada do xefe territorial do Medio Rural, Yago Borrajo, e do alcalde de Larouco, Joaquín Bautista, entre outras persoas.

A adega O Luar do Sil recibiu da Consellería do Medio Rural unha achega de máis de 140.000 euros para a súa mellora tecnolóxica que posibilitou a ampliación da capacidade dos seus depósitos en 80.000 litros máis, acadando así os 200.000 litros actuais.

Esta industria iniciou a súa actividade en 2014 con 33 traballadores e cunha capacidade de 120.000 litros, segundo a información achegada por Medio Rural. A súa produción de viño godello amparada no consello regulador da denominación de orixe Valdeorras cifrouse en 2016/17 en 107.770 botellas. Na actualidade dispón dun total de 147 parcelas cunha superficie de 13,22 hectáreas de viñedo, nas que recolecta o 43,37% da uva empregada para a elaboración dos seus viños, adquirindo o resto a produtores desta denominación vitivinícola.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button