OurenseÚltima hora

A Deputación analiza coa directiva da UD Ourense estratexias para reforzar a base do club

 

Na mañá deste venres 7 de marzo, o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantiña un encontro de traballo coa directiva da Unión Deportiva Ourense, encabezada polo seu presidente, Fernando Currás, acompañado polo vicepresidente, Javier Orbán, no que analizaron os recentes logros do club, así como futuras liñas de colaboración e estratexias para impulsar o crecemento da base deportiva do club.

Neste sentido, Luis Menor pon en valor que a UD Ourense atópese “no cumio” da clasificación na súa categoría (3ª Federación), destacando ao mesmo tempo o traballo feito polo club polo fomento do deporte, “en particular desde a base, o que coincide cos obxectivos da Deputación na estratexia do fomento do deporte”, engadiu o presidente provincial.

Durante a reunión, abordaron liñas de traballo para mellorar a estrutura do equipo, facéndoa máis competitiva e potente. Neste cometido, abondou Luis Menor, a Deputación seguirá ofrecendo liñas de axudas, no marco da cooperación posta en marcha con diferentes equipos deportivos da provincia.

 

Artigos relacionados

Back to top button