OurenseÚltima hora

A Deputación colaborará coa CIG na primeira edición do Premio Etelvino Blanco

Manuel Baltar reuníase esta mañá co secretario comarcal da CIG, Anxo Pérez Carballo, para abordar a cooperación do goberno provincial na homenaxe ao histórico sindicalista ourensán

 

A Deputación de Ourense colaborará coa CIG na primeira edición do Premio Etelvino Blanco, en memoria do histórico sindicalista ourensán. Así o poñía de manifesto esta entidade tras a reunión que mantiña esta mañá no Pazo Provincial o presidente da Deputación, Manuel Baltar, co secretario comarcal da CIG, Anxo Pérez Carballo, para abordar os detalles desta colaboración. Neste encontro de traballo na que tamén estivo Plácido Álvarez, vicepresidente terceiro e deputado de Administración Provincial.

Anxo Pérez Carballo explica que o Premio Etelvino Blanco, de carácter anual, nace para distinguir a persoas ou colectivos que sobresaian na reivindicación “cívico-sindical” nun homenaxe a Etelvino Blanco (1955-2019), “patrimonio de Ourense como así o entende o propio presidente”.

Anxo Pérez Carballo tamén entregou un documento da situación sociolaboral da provincia de Ourense realizado pola CIG, que será estudado polos técnicos da administración provincial.

Artigos relacionados

Back to top button