OurenseÚltima hora

A Deputación de Ourense convoca o I Concurso provincial contra a violencia de xénero dirixido a escolares

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, aprobaba na súa sesión ordinaria semanal celebrada onte, as bases reguladoras e convocatoria do I Concurso Provincial contra a Violencia de Xénero, dirixida a centros educativos de Educación Infantil, Primaria, Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional de grado medio.

Tal como avanzan dende a Administración provincia, o obxectivo deste concurso é identificar as diferentes formas de violencia de xénero e facelo desde a sensibilidade dos menores. De aí que baixo o lema Isto tamén é violencia de xénero e eu non me calo”, establécense tres categorías: debuxo, fotografía ou viñeta; microrrelato, redacción escrita ou podcast; e vídeo curto para redes sociais.

 

Reunión da Xunta de Goberno da Deputación Ourense.

 

O prazo de finalización dos traballos finaliza o 16 de novembro e as bases poderanse consultar no BOP e na sede electrónica da Deputación. Tamén está habilitado o teléfono da área de Benestar (988 317 770) para solventar dúbidas e ofrecer información.

En colaboración cos balnearios da provincia, outorgaranse o “Premio á Anticipación”, consistente nun bono de acceso a piscinas termais para os primeiros 30 traballos presentados que cumpran coas bases; o “Premio á Autoría”, no que se seleccionarán os mellores traballos en cada categoría, e consistirá en bonos termais de fin de semana; e o “Premio á Dinamización do Centro Escolar”, que consistirá nun lote de libros para o centro educativo ao que pertenza o alumnado premiado no “Premio á Autoría”.

Artigos relacionados

Back to top button