CarballedaConcellosÚltima hora

A Deputación estudará o acondicionamento da estrada de Casaio para facilitar o proxecto de turismo industrial na lousa

O presidente da Deputación de Ourense coa alcaldesa de Carballeda e o presidente do Clúster da Pizarra, na súa visita ao sector en maio./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Deputación de Ourense estudará o acondicionamento e mellora da estrada que comunica as poboacións de Casaio e Casaio Suso, no municipio de Carballeda de Valdeorras, “esencial para o desenvolvemento dun plan de turismo industrial pioneiro en Galicia”, tal e como se destaca dende este organismo. O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, analizou xunto coa alcaldesa, María del Carmen González, os detalles dunha infraestruturao, “pois se queremos que os visitantes coñezan as explotacións de lousa da zona e as paraxes que as rodean é indispensable ofrecerlles unhas axeitadas comunicacións”, sinalaba a rexedora.

 

O presidente da Deputación coa alcaldesa de Carballeda./ Cedida.

 

A solicitude da alcaldesa de Carballeda de Valdeorras xurde trala recente visita de Manuel Baltar á parroquia de Casaio, onde coñeceu de primeira man as canteiras existentes na zona para a posta en marcha dun tipo de turismo inédito en Galicia pero con moito éxito noutros países europeos.

Manuel Baltar recoñece a función básica que por si mesma cumpre esta estrada ao conectar as poboacións desta parte do municipio, pero tamén destaca a importancia desta infraestrutura para facilitar o tránsito dos turistas que acoden a visitar esta zona para coñecer un sector clave da economía provincia e as paraxes nas que se sitúan, de aí que a alcaldesa formulara tamén a posibilidade de habilitar miradoiros durante o traxecto.

Artigos relacionados

Back to top button