ConcellosÚltima hora

A Dirección Xeral de Policía valora crear no Barco unha oficina permanente do DNI

O alcalde barquense vén de manter un encontro en Madrid co responsable desta dirección e co xefe da División de Documentación
Exterior da Casa Consistorial do Barco.

Nesta mañá de 12 de febreiro o alcalde do Barco, Alfredo García, desprazábase a Madrid para manter unha xuntanza co director xeral da Policía, Francisco Pardo, e co xefe da División de Documentación e Arquivo, Francisco Herrero, aos que lles trasladaba a necesidade de que este concello sexa a sede dunha Unidade de Estranxeiría e Documentación permanente, na que realizar todos os trámites de expedición e renovación de DNI e pasaporte, así como a documentación de estranxeiría para toda a comarca de Valdeorras.

Nesta reunión o alcalde estivo acompañado polo senador Luis García Mañá, e propuxo que esta nova undiade se ubique no edificio dos antigos Xulgados, nos que tamén se prevé instalar á Policía Local. Tal e como se informa dende o Concello do Barco, “nestes momentos estase a facer un estudo obxectivo das necesidades existentes no territorio nacional, e O Barco conta nese estudo. En todo caso, será preciso que o Concello solicite de xeito formal a creación desta oficina, coa aprobación previa dun acordo expreso do pleno da Corporación municipal”.

O rexedor barquense ten pretente levar esta proposta ao pleno ordinario de marzo e está previsto que a Dirección Xeral da Policía tome unha decisión nun prazo curto de tempo. Para Alfredo García a reunión resultou “moi positiva”, e espera que nuns meses “se poida recibir unha confirmación relativa a esta reivindicación que levamos facendo dende hai anos”.

Artigos relacionados

Back to top button