CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

A directiva da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol reúnese no Casino do Barco

 

Na mañá deste sábado no Casino do Barco celebrábase unha sesión ordinaria da Xunta Directiva da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol da que forma parte o presidente do CD Barco, Nilo Ramos, vicepresidente da asociación xunto a Lupe Murillo (Pontevedra CF). Na imaxe que acompaña a esta información aparecen membros deste entidade xunto a directivos do Casino barquense.

A reunión, convocada polo presidente do colectivo, Ángel A. Fernández Lendoiro, comezaba a mediodía e entre os puntos da orde do día, figuraban os informes do presidente e do tesoureiro, así como a posibilidade de organizar tanto o torneo alevín de fútbol-8 como a Gala da asociación.

Artigos relacionados

Back to top button