Continúan os cambios na Asociación O Barco Centro Comercial Aberto que preside Jacobo Arias. Nesta ocasión e tralo anuncio de pretender aumentar a Xunta Directiva, é a incorporación de cinco novos membros que dende onte ostentan xa os seus cargos: Alba, de peluquería Alba Dobao; Darlene, de pastelería A Casiña; Manuel, de El Muro del Malecón; Rebeca, de almacenes Pote; e Eva, O Mundo de Popitas.