A Estación de Montaña Manzaneda está a demostrar o seu potencial para a práctica do Trial. Competición e exhibicións desenvólvense esta fin de semana na nova área permanente para a realización de eventos deportivos desta disciplina.
O tempo soleado e as temperaturas agradables propiciaron que centos de persoas de diferentes partes de España se achegaran ata as instalacións para gozar da programación deportiva. E é que pilotos de renome, non só a nivel nacional senón internacional, deleitaron aos afeccionados e asesoraron aos 71 participantes nas probas.
Toni Bou, piloto oficial do equipo Montesa Repsol-Honda e 34 veces campión do mundo; o galego Jorge Casais, piloto oficial Scorpa, subcampión de España e campión do mundo Jr, e Rodrigo Marchal, piloto oficial Electric Motion, campión de España TR3 seguirán realizando exhibicións durante toda a fin de semana.
Despois da exitosa xornada de hoxe, o programa continuará mañá, domingo 19 de novembro. As verificacións realizaranse de 8:30 a 9:30 horas. A competición de trial desenvolverase de 10 a 16 horas coa mesma metodoloxía que a exhibición do sábado. De 16 a 16:30 horas realizarase unha exhibición de despedida dos pilotos invitados. A cerimonia de entrega de premios será a partir das 16:45 horas.
Fotos da galería excepto as cinco últimas: Carlos G. Hervella.
Vídeos:
Vídeos do trial na área permanente da Estación de Montaña Manzaneda