EconomíaEconomíaÚltima hora

A empresa e a transformación dixital, nun taller organizado por AEVA

 

O mércores 13 de outubro comezará a impartirse no Barco o taller “Transformación dixital da empresa e estratexias innovadoras de comunicación”, promovido pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA).

Esta acción formativa divídese en catro fases, a través das cales, e mediante unha perspectiva eminentemente práctica, partirase da análise da situación actual das redes de cada participante para incidir na creación de contidos, as aplicacións de xestión e análise e os procedementos máis adecuados para sacar partido ás redes a través do sistema de pago e patrocinio das mesmas.

O taller ten unha duración de 16 horas que se imparte en formato on line os martes e mércores de outubro de 2021 en horario de 20:30h. a 22:30h. Está enmarcado no Proxecto AEVAempregaTE III, subvencionado pola Deputación Provincial de Ourense. A docente do curso será Beatriz Ventosinos, experta en Social Media, Deseño, Comunicación e Márketing Dixital, especializada en campañas de captación de leads a través de emailmarketing e Linkedin. Traballou para grandes marcas como Inleit Ingredients, A Piadina, Delikia, Leite Río, entre outras.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button