En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A entrega de premios da XXI Cata dos Viños de Valdeorras, en imaxes

O acto tiña lugar na noite do 31 de xullo no Hotel Monumento Pazo do Castro (O Barco)

 

Arredor das 23:30h. do venres 31 de xullo desvelábase o nome dos viños galardoados na XXI Cata Oficial de Valdeorras, que este ano estivo aberta a todas as adegas da denominación interesadas en participar (tradicionalmente, dirixiase a aquelas que tiñan presenza na Feira do Viño, que este ano non se celebraba).

Esta entrega de galardóns desenvolvíase na sobremesa dunha cea do sector do viño valdeorrés que se celebraba no Hotel Monumento Pazo do Castro, no Barco de Valdeorras.

Un total de 21 adegas cun total de 57 referencias distintas (29 tintas e 28 de branco) participaron na Cata, que tivo lugar nas instalacións do Consello Regulador o pasado 10 de xullo e na que participaron como avaliadores oito catadores expertos.

Nesta ampla galería de fotos poden verse diferentes momentos do acto da entrega de galardóns, presentado polo presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, José Luis García Pando.

 

 

O acto contaba coa presenza de diferentes autoridades, entre elas o conselleiro en funcións do Medio Rural, así como senadores ourensáns e alcaldes dalgúns concellos da comarca como os do Barco, A Rúa e Larouco.

Fotos: Carlos G. Hervella

Máis información e fotos:

https://osil.info/a-xxi-cata-oficial-da-d-o-valdeorras-premia-a-oito-vinos/

Artigos relacionados

Back to top button