ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A entrega de premios da XXVI Feira Concurso-Exposición de Castro Caldelas, en imaxes

 

Exposición, poxa e, finalmente, entrega de premios. Entre aplausos, e pasadas as 13:30h., comezaban a desvelarse os premios aos mellores exemplares das razas Caldelá, Vianesa e Rubia Galega das reses da XXVI Feira Concurso-Exposición de Gando Vacún de Castro Caldelas. Previamente, o Concello de Castro Caldelas agasallaba cun cinto de chocas para gando bovino ás ganderías participantes nesta edición.

 

 

A entrega de galardóns iniciábase pola sección de Sementais, na que se establecían un total de tres premios en metálico por raza. Así na caldelá o 1º premio era de 250 euros, o segundo de 150 euros e o terceiro de 100 euros. No caso das razas Vianesa e Rubia Galegas os galardóns eran os seguintes: un 1º premio de 200 euros, un 2º premio de 150 euros e un 3º premio de 100 euros.

 

 

Na sección de Vacas Reprodutoras establecíanse eses mesmos premios en metálico por raza, se ben no caso da Rubia Galega tamén se incluían varios accésits. Finalmente a entrega de premios, na que participaban autoridades e tamén representantes das asociacións Boaga e Acruga, concluía coas distincións da sección de Novillas, onde se entregaban premios ás razas Vianesa e Rubia Galega, sendo, en cada un dos casos os seguintes: 1º premio de 200 euros, 2º premio de 100 euros e 3º premio de 50 euros.

 

 

 

O acto de entrega de premios contaba coa presenza de autoridades como a alcaldesa de Castro Caldelas, representantes da Federación de Razas Autóctonas de Galicia- Boaga e da Asociación Nacional de Criadores de Ganado Vacuno Selecto de Raza Rubia Gallega (Acruga), así como o xefe territorial da Consellería do Medio Rural na provincia de Ourense, polo deputado provincial delegado de Dinamización do Medio Rural, así como por representantes dos concellos de Montederramo, Sober, Río, Manzaneda, A Teixeira, Trives e Parada de Sil.

Tamén participaban neste acto as entidades ou empresas que patrocinaban o concurso nos diferentes premios, facendo entrega dos mesmos aos gandeiros.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Máis información e galerías de fotos en:

Exitosa XXVI Feira Concurso-Exposición de Gando Vacún en Castro Caldelas

 

O desfile de carros e xugadas de Castro Caldelas completa unha xornada de posta en valor da gandería

Artigos relacionados

Back to top button