Tras a multitudinaria e exitosa XXVI Feira Concurso-Exposición de Gando Vacún (das razas Caldelá, Vianesa e Rubia Galega) que se celebraba este domingo 10 de setembro en Castro Caldelas, a vila completaba o día cunha mostra viva de patrimonio inmaterial ligada á gandería: un desfile de xugadas e carros que percorría a vila en torno ás sete da tarde.

A comitiva saían dende o Toural e dirixíase cara o centro da vila, onde se xeraba unha gran expectación e multitude de persoas enchían as rúas para desfrutar deste espectáculo tradicional.
Deste xeito concluía unha xornada adicada a posta en valor e promoción dun dos activos económicos principais de Castro Caldelas e da súa comarca e contorna: a gandería de vacún.
Fotos cedidas.


Máis información e galerías de fotos en:
A entrega de premios da XXVI Feira Concurso-Exposición de Castro Caldelas, en imaxes
A entrega de premios da XXVI Feira Concurso-Exposición de Castro Caldelas, en imaxes



