OurenseÚltima hora

A Escola Municipal de Idiomas de Ourense mantén o programa de formación durante o estado de alarma

Fachada da Escola Municipal de Idiomas de Ourense.

 

Durante o confinamento decretado polo estado de alarma, a Escola Municipal de Idiomas de Ourense mantén o seu programa de formación. Así, “os alumnos dos diferentes cursos de inglés organizados poden continuar coa súa aprendizaxe, adaptando as súas clases ás condicións do novo escenario orixinado pola pandemia”, comunican dende o Concello, explicando que a formación realízase mediante unha plataforma web colaborativa en liña na que os alumnos participan de maneira activa.

Xestionada pola Concellería de Educación, a Escola Municipal de Idiomas segue así traballando co alumnado, conservando o mesmo horario das clases presenciais entendendo que agora, máis que nunca, “é necesario un punto de encontro para manter o contacto cos demais e coas actividades cotiás”. Por iso, continúan coas clases, ao tempo que se aprende a usar as novas ferramentas xa que “gran parte do alumnado adulto non está familiarizado co uso de Internet e das súas plataformas colaborativas”.

A participación, a día de hoxe, é dun 79% (85% alumnado de primaria / 71% alumnado adulto). “O alumnado quere que tamén haxa clases esta semana, así que continuarán ata o mércores, para retomalas despois das datas festivas da Semana Santa”, aseguran dende o centro.

Artigos relacionados

Back to top button