OurenseÚltima hora

A ESCRBC de Galicia restaura varias pezas custodiadas no IES Otero Pedrayo de Ourense

Os alumnos da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais con sede en Pontevedra, restauraron un óleo sobre lenzo, un espectroscopio, un refrixerador de sobremesa e un telégrafo

Publicidade

 

Un óleo sobre lenzo (Retrato de Paz Novoa) tratado polo alumnado da especialidade de Conservación e Restauración de Bens Pictóricos; e varios instrumentos históricos de laboratorio (un espectroscopio, un refrixerador de sobremesa e un telégrafo) que foron intervidos polos estudantes da especialidade de Escultura. Son as pezas custodiadas polo IES Otero Pedrayo de Ourense que veñen de ser devoltas trala súa restauración na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, onde foron depositados no ano 2019.

Cada grupo, baixo a dirección da profesora responsable da especialidade (Ana Villarquide en Pintura e cristina Montojo en Escultura), realizou o estudo completo e a intervención específica requerida por cada peza. Unha vez rematado o delicado proceso, as obras están de novo no IES Otero Pedrayo.

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, é un centro oficial dependente da Xunta de Galicia e o único nesta comunidade que imparte o Grao en Conservación e Restauración de Bens Culturais. Creada no ano 1991, a escola é o segundo centro máis antigo de España e ademáis de formar profesionais, colabora activamente na conservación do patrimonio da nosa Comunidade. Nos seus laboratorios, os estudantes fórmanse traballando sobre obra real. A matrícula para o acceso ó centro remata o día 17 de xuño.

Fotos: Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais (ESCRBC) de Galicia

Artigos relacionados

Back to top button