AutomobilismoDeportesÚltima hora

A Escudería Valdeorras colabora na organización da I Subida a Vilar de Barrio

Será na fin de semana do 5 e 6 de novembro

IV Subida a Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Da man da Escudería Talariño, e coa colaboración da Escudería Valdeorras, despois da IV Subida a Valdeorras celebrada no Barco, a I Subida a Vilar de Barrio acercará por primeira vez á comarca ourensá da Limia o automobilismo de montaña sendo esta cita puntuable para a Copa de España de Escuderías de Montaña.

A novidosa proba terá lugar os días 5 e 6 de novembro, sobre un fermoso trazado na estrada OU-113 que parte desde a Estación de Ferrocarril de Vilar de Barrio e conta cun total de 4.800 metros de percorrido, un desnivel de 302 metros e unha pendente media do 5,64%.

Será unha fin de semana na que as habituais mangas de adestramento e carreiras oficiais, a dobre xornada (sábado e domingo), atraerán de novo á provincia de Ourense unha cita nacional da especialidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button