O escultor valdeorrés Cochorro reencóntrase co público da súa comarca coa mostra “Figuración”, que poderá visitarse ao longo deste verán en “Laurarte-Centro Artístico de la Piedra” no Barco. A mostra reúne unha ducia de pezas nas que o artista modela co seu característico estilo ondeante a pedra. Esta é a primeira exposición individual que se organiza nesta sala barquense situada na céntrica rúa Academia Dequidt e cuxa propietaria e a tamén artista Laura Duben.
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil
