As súas obras estarán expostas neste establecemento valdeorrés ata a primeira semana de maio
Moda e arte valdeorresa alíanse novamente en “Mirarte”, un proxecto que promove dende hai anos o establecemento Miranda M, situado na avenida Conde Fenosa do Barco. Así o escaparate de primavera desta tenda integra coidadosamente nesta ocasión prendas de roupa masculina e feminina coa colorista e sorprendente escultura do barquense Iván Prieto.
Trátase dun conxunto de sete obras que poderán contemplarse neste escaparate ata a primeira semana de maio. “Mirarte” é unha singular iniciativa que aposta pola difusión da arte valdeorresa en calquera disciplina: pintura, escultura, fotografía, música, poesía… Ademais fusiónase coa moda.
Fotos cedidas.