EconomíaEconomíaÚltima hora

A esperada reapertura do mítico Stop (STP), con nova imaxe e xerencia, na Rúa

O local de hostalaría, completamente reformado, abría as portas na tarde deste mércores 12 de febreiro

 

Tardou máis do desexado pero por fin chegaba o día. Tras anos pechada, meses de espera e unha reforma integral, a lexendaria Cafetería Stop da Rúa abría de novo as portas na tarde deste mércores 12 de febreiro.

 

 

Facíao eso sí cunha imaxe completamente nova e con novo responsable. Despois de levar durante sete anos A Cervecería (pechaba o pasado 9 de xaneiro), na céntrica rúa Progreso, Rober apostaba por un novo proxecto, moi preto pero diferente. A só uns metros de distancia, facendo esquina coas rúas progreso e Argentina está o Stop, local de hostalaría de referencia na vila da Rúa para moitas xeracións, que sufría varios cambios ao longo dos anos, aínda que nesta ocasión a transformación é completa.

 

 

Dende a insonorización ata o espazo en si, moito máis luminoso, con grandes ventanais e portas de cristal que dan amplitude ao local.

Fotos: O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button