ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A esperada saída do Meco e das Pampórnigas

Os días 8 e 9 de setembro tiña lugar en Quiroga a tradicional romería da Ermida

Eran multitude as persoas que o 8 e o 9 de setembro se daban cita na Ermida (Quiroga) para participar na romería na honra da Virxe dos Remedios. Unha das súas singularidades e a presenza dun personaxe enmascarado, o Meco, e dous xigantes, as Pampórnigas, que encabezan neses dous días a procesión coa imaxe da Virxe.

Despois, oficiase a misa, e no seu decurso o Meco aproveita para facer das súas no adro, coa súa característica vasoira de toxos. A festa incluía tamén diversas actuacións musicais ao longo destes días. Como vén sendo costume, as Festas da Virxe dos Remedios serán organizadas pola Asociación Souto do Val en colaboración co Concello de Quiroga e coa Deputación de Lugo.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button