Sen categorizar

A estación de montaña de Manzaneda abre a tempada

Entre as novidades presentadas pola dirección de Oca Nova Manzaneda destaca a apertura de catro novas pistas
O director xeral de Oca Hotels, Ramón Brañas, e o director xerente de Ova Nova Manzaneda, Gustavo Samartín,
O director xeral de Oca Hotels, Ramón Brañas, e o director xerente de Ova Nova Manzaneda, Gustavo Samartín,

Melloras na oferta deportiva, pero tamén na hostaleira. A estación de monataña Oca Nova Manzaneda vén de comezar a tempada invernal con novidades. Dábanse a coñecer no decurso nun encontro cos medios celebrado na mañá do 4 de decembro coa presenza do director xeral de Oca Hotels, Ramón Brañas, e do director xerente da estación, Gustavo Samartín.

Comezaba as intervencións Ramón Brañas, dando a coñecer as directrices de crecemento desta cadena, coa recente incorporación do Hotel Ipanema de Vigo, en modalidade de franquicia e outras actuacións como a ampliación do Hotel Grand Oca Maragogi de Brasil.

Ademais Gustavo Samartín adiantaba as novidades coas que se encontrarán as persoas que visiten este complexo. Nese senso, destacou a apertura do restaurante gastronómico Os Arandos, que vén a completar a variada oferta de hostalaría de Oca Nova Manzaneda ofrecendo produtos de calidade contrastada da zona

Ao mesmo tempo resaltaba a apertura de catro novas pistas de esquí: Os Carqueixos, que será pista azul, Os Esquíos e Cancereixo (ambas vermellas), e a que será a única pista negra da estación: Entrenamientos. Con elas o dominio esquiable de Manzaneda será de 23 pistas e dun total de 17 km.

Tendo en conta que a curto prazo as previsións indican que non se poderá dispoñer de neve esquiable, Samartín tamén presentaba o amplo abano de posibilidades que ofrecerá a estación para esta ponta da Inmaculada, comenzando polo seu SPA, o parque multiaventura ou a tirolina xigante. Asemade funcionará o telesilla para uso turístico e será posible facer rutas en quads, alugar BTTs, cabalos e practicar tiro con arco. La oferta se completa con cafeterías, apartotel, restaurante autoservicio, etc.

Neste acto tamén se contou coa presenza dos alcaldes de Trives, Francisco José Fernández Blanco, e de Manzaneda, David Rodríguez, entre outros asistentes.

Artigos relacionados

Back to top button