DeportesMontañismoÚltima hora

A Estación de Montaña Manzaneda “abre 18 pistas e funcionará a pleno rendemento durante toda a semana”

 

Manzaneda, cuberta por un inmenso manto branco, “recibiu centenares de visitantes durante a fin de semana cun 100% de ocupación”, aseguran dende a estación de montaña, destacando que aínda que moitos deles aproveitaron o estado inmellorable das pistas para a práctica dos deportes de inverno, “outros desprazáronse ata as instalacións para gozar dunha impresionante paisaxe que se manterá nos próximos días e gozar dun día de abundante neve”.

Sexa como for, a cantidade caída nas últimas horas garante que as instalacións funcionen a pleno rendemento durante, polo menos, toda a semana. Ao longo da xornada deste luns 11 de marzo o espesor de neve oscilou entre os 30 e os 110 centímetros, posibilitando a apertura dun total de 18 pistas. “En total, foron case 14 os quilómetros esquiables”, aseguran.

Como xa é habitual, a última hora en canto a previsión de pistas abertas e quilómetros esquiables poderá consultarse cada día a través das redes sociais da Estación, nas que se publican diariamente os partes de neve provisionais (de véspera) e o definitivo, ás 8 horas de cada día.

Os visitantes poderán gozar da Estación de Montaña Manzaneda en horario ininterrompido de 9:30 a 17:15 horas, aínda que o alugueiro dos equipos poderá facerse desde as 8:30 horas. Tamén estará dispoñible o telecadeira e os servizos de restauración.

Artigos relacionados

Back to top button