En portadaÚltima hora

A Estación de Montaña Manzaneda abrirá mañá dúas pistas de esquí

 

Coma sen dun gasallo de Reis se tratara, a neve caída nas últimas horas e o funcionamento continuado dos canóns permitirán á Estación de Montaña Manzaneda abrir as instalacións mañá para a práctica do esquí, case un mes antes que a tempada pasada.

“As condicións climatolóxicas garanten, polo menos, que os esquiadores poidan descender por dúas pistas, Seixo e Fontefría, aínda que se segue traballando a pleno rendemento para poder abrir o maior número posible”, adiantan dende a estación que seguirá acondicionado as pistas durante o día e a noite con fabricación propia de neve se o clima permíteo.

Do mesmo xeito que ocorreu o ano pasado, cando desde finais de xaneiro puidéronse abrir as instalacións para a práctica do esquí durante seis fins de semana consecutivas, a Estación de Montaña Manzaneda comeza o ano coa mellor das noticias para os afeccionados aos deportes de neve. Tanto na temperá apertura deste ano como nas sies fins de semana consecutivas nas que o pasado ano se puido gozar da neve, xogaron un papel determinante os canóns.

 

 

Para todos aqueles que queiran gozar da Estación de Montaña poñerase en funcionamento un transporte lanzadeira, de 10 a 18 horas, desde os bungalós ata a zona de despachos de billetes e cafetería para facilitar os desprazamentos. “Ao longo as próximas horas espérase recibir unha gran afluencia de visitantes, que ademais poderán gozar do resto de servizos que ofrecen as instalacións. E é que as últimas semanas tamén se aproveitou para levar a cabo traballos de mantemento. A piscina foi completamente renovada e a oferta de restauración aumentou”, aseguran dende Manzaneda.

Quen queira pernoitar na Estación de Montaña teñen á súa disposición 34 apartamentos completamente renovados, con baño e cociña completas que se distribúen da seguinte forma: 10 apartamentos con cama de matrimonio con posibilidade de supletoria; 18 apartamentos de 4 prazas e posibilidade dunha máis con supletoria e 6 apartamentos con 7 prazas e posibilidade de 1 máis con supletoria. Tamén está dispoñible o albergue Bibei, con 88 prazas distribuídas en habitacións de 18, 16, 10 e 2 para coidadores. Todo con baños comunitarios por plantas e o alberge Queixa, con 66 prazas distribuídas en habitacións de 14, 10, 8 e 6, con baños comunitarios por plantas.

Tanto as novidades como o resto de propostas poden consultarse na web www.manzaneda.com.

Artigos relacionados

Back to top button