DeportesÚltima hora

A Estación de Montaña Manzaneda acollará o final da 12ª etapa de “La Vuelta” 2024

 

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asisitía hoxe á presentación oficial do percorrido de La Vuelta 24, onde Galicia volverá ter protagonismo con ata catro etapas no itinerario, unha delas polas Terras de Trives. A 79ª edición comezará o 17 de agosto en Lisboa e rematará o 8 de setembro en Madrid. Durante as súas 21 etapas, contará con 10 saídas e 6 metas e visitará nove comunidades autónomas, entre as que se atopa Galicia.

En concreto, á Comunidade galega e a montaña serán protagonistas durante a segunda semana de competición, que comezará na provincia de Pontevedra cunha xornada entre Ponteaereas e Baiona. O Campus Tecnolóxico Cortizo, en Padrón, acollerá a saída e a chegada da 11ª etapa e a Estación de Montaña de Manzaneda, que xa sabe o que é recibir ao pelotón feminino da Volta, acollerá a 12ª etapa, nunha xornada que partirá de Ourense. A traca final galega chegará cunha última etapa de montaña entre Lugo e o Porto de Ancares.

Artigos relacionados

Back to top button