DeportesMontañismoÚltima horaVídeos

A Estación de Montaña Manzaneda espera manter 17 pistas abertas para a fin de semana

 

A Estación de Montaña Manzaneda espera unha gran fin de semana de esquí en base ás previsións de neve para os próximos días, que anuncian un espesor de ata 20 centímetros tanto mañá, xoves, como o venres. Desde a semana pasada, mantén abertas 17 pistas, con case 15 quilómetros esquiables, esperando poder abrilas todas durante toda a fin de semana se a meteoroloxía acompaña. A día de hoxe, a ocupación na Estación de Montaña é do 100% e así seguirá durante o resto da semana.

Segundo as previsións que manexa a Estación, o mercurio descenderá a valores negativos ao longo da semana (ata -5º C poderían alcanzarse o venres pola noite) e as nevadas serán especialmente intensas nas noites do xoves e do venres. Como xa é habitual, a última hora en canto a previsión de pistas abertas e quilómetros esquiables poderá consultarse a través das redes sociais da Estación, nas que se publican diariamente os partes de neve.

 

 

Os visitantes poderán gozar da Estación de Montaña en horario ininterrompido de 9:30 a 17:15 horas, aínda que o alugueiro dos equipos poderá facerse desde as 8:30 horas. Tamén estará dispoñible o telecadeira e os servizos de restauración.

Transporte lanzadeira

Durante esta fin de semana habilitarase o xa habitual transporte lanzadeira, desde as 9 ata as 18 horas e que realizará de forma continua o percorrido entre a zona de estacionamento e a zona de despachos de billetes, cafetería e apartamentos, facilitando así os desprazamentos no interior da estación.

 

Artigos relacionados

Back to top button