DeportesMontañismoÚltima hora

A Estación de Montaña Manzaneda seguirá aberta durante toda a semana

 

A Estación de Montaña Manzaneda vén de vivir unha fin de semana de neve con 5 quilómetros e 7 pistas abertas: Xeixo, Fontefría, Regacho, Pluviómetro, Charrelas, Antenas e Río.

O venres 27 de xaneiro as instalacións abrían as súas portas con 1.700 metros esquiables “pero a superficie foi aumentando grazas a que as condicións climáticas han acompañado”, explican dende a estación, engadindo que a innivación dos canóns foi continua nos últimos días, “ao mesmo tempo que o facía o número de persoas que se achegaba a gozar da neve”.

 

 

Previsiblemente as temperaturas seguirán sendo moi baixas nos próximos días polo que “ademais das fins de semana, a Estación continuará aberta de luns a xoves con tarifas reducidas pasdando de 27 a 22 euros o prezo de acceso por día”. O horario será de 10 a 17horas e o alugueiro de 9 a 16:30 horas e tamén estará dispoñible o telecadeira, o servizo de restauración e A Tasquiña.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button