En portadaÚltima horaVídeos

A exitosa XXIV Festa das Covas de Vilamartín, en imaxes

 

Constitúe un percorrido por un dos referentes etnográficos de Valdeorras: as súas adegas subterráneas ou covas. Un percorrido ademais para desfrutar dos viños (brancos e tintos), da gastronomía e da festa. Multitude de persoas sumábase na pasada tarde e noite á XXIV Festa das Covas de Vilamartín, que se retomaba logo dunha paréntese de dous anos.

 

 

Unhas 43 covas abrían ao público a partir das 20:30h. e por elas pasaba, cunca e pano en man (dábanse coa entrada, a un prezo de 15 euros na festa), unha gran multitude de persoas para desfrutar destas antigas construcións creadas para conservar o viño, pero tamén para probas os brancos e tintos que nelas se gardan, acompañados de petiscos como embutidos, empanada, queixo, arroz ou mesmo bica e outros doces.

 

 

E isto en medio dun animado ambiente no que non faltaba o ritmo das charangas ou de grupos de cantos de tabernas.

 

 

Arredor da medianoite as covas pechaban e a festa desprazábase a outro punto de Vilamartín, onde soaba a orquestra Fénix e logo unha discomóbil. Esta XXIV Festa das Covas estaba organizada pola Asociación de Coveiros en colaboración co Concello de Vilamartín.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button