CulturaCulturaÚltima hora

A exposición “Cartas de Amor” chega a Sober

Ademais impartirase un obradoiro didáctico sobre igualdade no CEIP Virxe do Carme o 17 de novembro
Imaxe da mostra.
Imaxe da mostra.

Con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, que se celebrará o 25 de novembro, o Concello de Sober promeverá dúas actividades en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade. A primeira delas é unha exposición que poderá visitarse entre o 12 e 22 de novembro no Centro Sociocultural deste concello lucense. Trátase de “Cartas de Amor”, unha mostra gráfica de ilustracións de diversos artistas sobre a violencia de xénero e a mocidade.

Trátase dunha escolma de debuxos de artistas de sona como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, Pirusca, José Luís Méndez, Jack Mircala ou Javier Olivares. A través desta iniciativa preténdese sensibilizar á poboación máis nova sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, axudar a detectala e, polo tanto, a eliminala. Tamén participan autoras e autores que están acadando grande éxito entre a xente máis nova, como Eva Vázquez, Javier Olivares, Primitivo, Sonia Pulido, Jack Mircala ou Sergi San Julián. Ademais, o escultor Méndez, a escritora Anxos Sumai e o deseñador Fausto, únense a esta mostra con tres achegas diferentes.

A segunda das actividades previstas terá lugar no CEIP Virxe do Carme de Sober. Neste centro impartirase nun obradoiro didáctico sobre igualdade o vindeiro 17 de novembro.

Artigos relacionados

Back to top button