CulturaCulturaÚltima hora

A exposición da Xunta sobre Florencio Delgado Gurriarán despide o ano en Celanova

 

A exposición itinerante que organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística sobre a persoa á que se lle dedica o Día das Letras Galegas e que habitualmente remata o ano na Casa dos Poetas, xa está en Celanova con Florencio Delgado Gurriarán como protagonista.

O secretario xeral, Valentín García, xunto co alcalde de Celanova e presidente da Fundación Curros Enríquez, Antonio Puga, e o deputado provincial e patrón da Fundación, Pablo Pérez, xunto con parlamentario e vicepresidente da mesma, José Luís Ferro, así como o secretario Antonio Piñeiro, asistían ao acto de apertura, destacando, neste caso, a relación que Delgado Gurriarán mantivo no seu exilio mexicano con varios fillos da Terra de Celanova, cos que acometeu o proxecto editorial máis ambicioso que se acometeu na diáspora no século XX e que foi a revista Vieiros.

Delgado Gurriarán tivo un papel importante na posta en marcha desta revista que estivo dirixida e producida polo vilanovés Luís Soto, o fillo de Cartelle, Carlos Velo, e o que fora veciño de Bande, Elixio Rodríguez, entre outros.

A exposición estará aberta ó público ata o día 22 e será unha boa ocasión para coñecer outros aspectos da vida e obra deste valdeorrés universal como foi Florencio Delgado Gurriarán.

 

Artigos relacionados

Back to top button