CulturaCulturaÚltima hora

A exposición “Esgrafiados na Ribeira Sacra” recala en Trives

Poderá verse entre o 6 de decembro e o 7 de xaneiro na sala de exposicións de Santa Leonor

 

A historia do románico, do Camiño de Santiago e a pegada dos esgrafiados na Ribeira Sacra (entre eles os atopados recentemente no concello de Trives) poderá verse na mostra “Esgrafiados na Ribeira Sacra”, que se instalará na sala de exposicións Santa Leonor do 6 de decembro ao o 7 de xaneiro. Recolle unha gran colección fotográfica de moitos esgrafiados atopados pola antropóloga monfortina Mar López Sotelo  ao longo dos seus anos de traballo.

“Na Ribeira Sacra temos un patrimonio espectacular que agora, coa catalogación dos esgrafiados, é moito máis rico se cabe”, indica esta investigadora, que estará en Trives no acto inaugural da mostra o vindeiro 7 de decembro. “Os esgrafiados son revestementos murais decorativos que na Ribeira Sacra son moi numerosos e realmente falan e contan a vida pasada: con escenas de caza, trisqueis, figuras humanas, etc. Un recurso do noso patrimonio que é descoñecido e que estamos poñendo en valor”, prosegue.

Así mesmo, Mar López, desvelará durante a presentación os esgrafiados atopados no Concello da Pobra de Trives en lugares como Sobrado ou Barrio. Ademais poraos en relación coa Via Nova romana, co Camiño de Santiago e cos cabaleiros templarios.

Nas fotos: dúas imaxes de esgrafiados en Trives.

Fotos: Concello da Pobra de Trives.

 

Artigos relacionados

Back to top button