En portadaÚltima hora

A faba loba e o mel, protagonistas da 1º Feira das Montañas de Trevinca

Conta máis de vinte stands e poderá visitarse tamén ao longo da xornada do 15 de decembro na praza do pulpo da Veiga

 

Máis de vinte stands, principalmente de faba loba e de mel da alta montaña galega, expoñen os seus produtos no marco da 1ª Feira das Montañas de Trevinca, un evento que promove o Concello da Veiga nesta fin de semana de 14 e 15 de decembro. A mostra abría as súas portas ás 12h. deste sábado nunha carpa instalada na praza do pulpo da vila. Ademais do seu apartado expositivo, a mostra inclúe programación parela que inclúe showcookings, conferencias, ruta de tapas polos locais de Veiga, música e o proxecto “Un Nadal enxebre”. Así xa pola mañá tiña lugar un showcooking, a cargo de Gerson Iglesias, de fabas lobas das Montañas de Trevinca con degustación.

No acto inaugural, presidido polo alcalde da Veiga, Juan Anta, contábase coa presenza de numerosos alcaldes e de represantes de concellos tanto da comarca de Valdeorras como doutros puntos, que despois compartían un xantar nas Chairas. “Esta feira amosa o traballo dos veciños, da xente que cre no traballo con ilusión e que están moi orgullosos das súas fabas loba, do seu Mel Montañas de Trevinca. Hoxe empezamos a comercializar a faba, hai tres anos comezamos un proxecto como o Mel Montañas de Trevinca, que hoxe xa é unha realidade. En definitiva isto é o resultado da súa ilusión e do seu esforzo colectivo”, destacaba o rexedor da Veiga.

Ás 16:30 h. realizábase unha cata de mel de Galicia impartida pola IXP Mel de Galicia. Posteriormente, ás 17.30 horas, un novo un showcooking a cargo de Gerson Iglesias sobre a mel das Montañas de Trevinca con degustación. Estas actividades realizábanse na primeira planta do Centro de Desenvolvemento Rural. Por último, como peche desta primeira xornada, ás 19 horas, actucaba Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, na praza do Toural.

 

 

Para mañá15 de decembro está previsto un programa de actividades que comezarán ás 10 horas coa apertura da mostra. Ás 11 horas haberá un showcooking a cargo de Anxo Trives, cociñeiro do Restaurante Hostal La Viuda de Trives, sobre a mel das Montañas de Trevinca con degustación.

A continuación, ás 12:30 h celebrarase unha charla sobre as Boas Prácticas Agrícolas, impartida por técnicos do Inorde e ás 17 volverá Anxo Trives cun showcooking sobre as Fabas Lobas das Montañas de Trevinca con degustación. As actividades de novo desenvolveranse na primeira planta do Centro de Desenvolvemento Rural. O peche da feira será ás 18 horas. A inscrición nas actividades e a adquisición dos cartóns (dispoñibles ata o xoves) poderase realizar no Centro de Desenvolvemento Rural da Veiga ou a través do número de teléfono 603 71 96 73.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:
https://osil.info/a-vila-da-veiga-convertese-nun-xigantesco-belen-enxebre-que-inclue-ao-apalpador/

Artigos relacionados

Back to top button