OurenseÚltima hora

A Fábrica da Luz en Parada de Sil celebra o Día das Letras Galegas

 

O día 17 de maio, día das Letras Galegas adicado este 2022 o escritor Florencio Delgado, celebrarase na Fábrica da Luz, no municipio de Parada de Sil, cun evento que combinará música, comida e artesanía.

Os actos principiarán ás 11h. da maña coa Feira de Artesanía nos xardíns destas instalacións da man da Asociación Tarabelada. Nesta feira poderanse atopar e degustar todo tipo de produto artesanal da zona.

Ás 13h comezará a sesión vermú co espectáculo musical de “Versofonía”, un grupo de Rhythm&Poetry no que se poderá desfrutar dun espectáculo de poesía bailable.

Como non podía ser doutro xeito xa dende o sábado 14 e ata o día das Letras Galegas A Fábrica da Luz ofrecerá un xantar especial de Letras Galegas.

 

Artigos relacionados

Back to top button