“Luz pola Ela” é o lema dos actos que se celebrarán o día 21 de xuño en todo o mundo con motivo do Día Mundial da Esclerose Lateral Amiotrófica e aos que se sumará o Concello do Barco. A Asociación Galega pola Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA), convidou a todas as institucións do territorio galego a proxectar luz de cor verde nos edificios e monumentos
emblemáticos de cada unha das vilas.
Por elo, ás 20:30 horas procederase á iluminación, con luces de cor verde, da fachada da Consistorial do Barco. A esclerose lateral amiotrófica (abreviadamente, ELA ou enfermidade de Lou Gehrig) é unha enfermidade dexenerativa de tipo neuromuscular. Orixínase cando algunhas células do sistema nervioso denominadas motoneuronas, diminúen o seu funcionamento e morren, provocando unha parálise muscular progresiva, lembran dende o Concello do Barco. Cos actos convocados para toda Galicia, preténdese dar visibilidade a esta enfermidade.