CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Un fermoso intercambio cultural para celebrar o Día Escolar pola Paz no CEIP Condesa de Fenosa do Barco

 

Romanía, Marrocos, Brasil, Honduras, Colombia, Siria, Afganistán, Venezuela,… á parte de España. Son moitos os países que conviven no CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras, por iso nada mellor que un intercambio cultural para celebrar o Día Escolar pola Paz desexando que “realmente as guerras rematasen no mundo…”

 

 

Así, na mañá deste xoves 30 de xaneiro a comunidade educativa compartía unha mostra no pavillón con stands nos que cada país amosaba unha pequena parte da súa cultura, tradición e gastronomía.

 

 

“Fronte daqueles que nestes tempos queren erguer muros para coutar as esperanzas dunha vida mellor para tanta xente… Fronte daqueles que queren selar as fronteiras… Fronte daqueles que ollan aos recén chegados coma invasores… Nós queremos cantar á nosa diversidade porque os distintos matices da nosa pel fan máis colorido e bonito o colexio; os nosos acentos diferentes son música para os nosos ouvidos; partillar as nosas culturas fanos máis cultos, comprensivos e solidarios; cultivar as nosas diferencias e defender a nosa igualdade”, aseguran dende o centro barquense, detacando que “somos un colexio diverso, e estamos orgullos@s da nosa condición”.

 

 

De aí que celebren a Paz “coñecéndonos mellor, respectándonos máis, valorándonos como o que somos, persoas boas e xenerosas”.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button