CD TrivesDeportesFútbolÚltima hora

A familia do CD Trives conta cun novo membro, Xavi, que con menos dun mes de vida xa loce a súa camiseta

Publicidade
Os veciños de Trives vendo a Xavi, durante a procesión da Dolorosa. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

O CD Trives está de noraboa. O vindeiro 29 de setembro o seu membro e futuro socio máis novo, cumprirá 1 mes. Xavi Pérez Carballo naceu o 29 de agosto e leva as cores do equipo de fútbol no sangue. Non en van os seus pais Avelino Pérez e Eva Carballo levan anos vinculados ao club, el como xogador e ela como membro da directiva.

 

O pequeno Xavi coa camiseta do CD Trives. /Foto cedida.

 

Tal como explica a súa nai, por suposto que o farán socio do CD Trives, de feito con menos dun mes de vida xa loce a súa propia camiseta personalizada.

Durante a procesión da Dolorosa, todo o mundo felicitaba aos orgullosos papás, contentos de contar cun novo membro na familia futbolística e un novo veciño na Pobra de Trives. Noraboa parella!

 

Avelino Pérez e Eva Carballo co seu fillo, Xavi. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button