DeportesFútbolÚltima hora

A Federación Galega de Fútbol aproba un formato exprés para que a Preferente arranque a finais de marzo

Verín CF e UD Barbadás son dous dos equipos ourensáns aos que lles afecta esta decisión

 

En base á decisión adoptada polo Comité Clínico e publicada pola Xunta de Galicia no DOGA, a Federación Galega de Fútbol decidía retomar a activación das principais categorías autonómicas que xa tiñan o inicio programado para finais de xaneiro antes da suspensión temporal de todo o deporte galego.

Así, a comisión delegada vén de aprobar o inicio destas competicións nun formato exprés, cunha duración de 10 a 16 semanas, que resolverá os ascensos ás divisións nacionais e non terá descensos. Iniciaranse a finais de marzo para Preferente Galicia, 1ª División Feminina, Liga Galega Xuvenil, División de Honra Cadete, Liga Galega Cadete, Liga Galega Infantil e Liga Galega Infantil Feminina.

Para coñecer os clubs que van participar a RFGF abre un novo prazo de inscrición voluntaria dos equipos con motivo da modificación substancial das condicións da competición, sen que a falta de inscrición de equipos teña consecuencias disciplinarias. No caso das categorías inicialmente activadas, o prazo manterase aberto ata as 23:59 horas do vindeiro venres día 26 de febreiro.

Á vista da tardía data de inicio das competicións debido ás medidas adoptadas polas autoridades sanitarias a causa da pandemia, así como en previsión de posibles suspensións temporais por causas de forza maior, acórdase que o remate da tempada podería ir máis aló do 30 de xuño.

Os seis equipos ourensáns da Preferente son Verín, Barbadás, Arnoia, Velle, Polígono e Nogueira.

Artigos relacionados

Back to top button